Navigation Menu
A FERVENZA

A FERVENZA

GALERIA FOTOGRAFICA

P1110088_Small
P1110091_Small
P1110094_Small
P1110105_Small
P1110163_Small
P1110174_Small
P1110172_Small
P1110087_Small
P1110085_Small
P1110177_Small
P1110076_Small
P1110078_Small
P1110079_Small
P1110098_Small
P1110138_Small
P1110139_Small
P1110140_Small
P1110150_Small

INFORMACION PATRIMONIAL

A Fervenza do Barbantiño é coñecida como Fervenza do Cachón ou do Viñao. A palabra “cachón” é utilizada en Galicia para sinalar algo que produce burbullas ou escuma, co que nos topamos con este topómimo en varios lugares de Galicia, como na Teixeira, en plena Ribeira Sacra. O río Barbantiño fai de fronteira política cos concellos de Maside e Amoeiro.
O seu salto salva un desnivel duns 15 m sobre o chan rochoso e en época de chuvias convértese nun verdadeiro espectáculo. Non obstante, o seu curso está suxeito ás regras dunha minicentral hidroélectrica de finais da década dos 90, que mingua o seu caudal durante determinadas épocas do año.

VIDEOS.


Para chegar ata esta fermosa fervenza, abonda con seguir o Camiño Natural do Barbantiño río abaixo. Dende a ponte da OU-524 sobre o río pódese coller a ruta, xa que esta é o xeito máis curto para chegar, cun percorrido de só 1,7 km. De todos os xeitos, é aconsellable comezar a ruta dende as surgencias termais no Bañiño, na Forxa, e percorrer os máis de 7 km de fermoso e incomparable sendeiro, ata chegar á ponte de San Fiz.
No lugar encóntranse unha serie de muíños de auga reconstruídos coñecidos como Muíños dá Penas, e dende eles accédese sobre unha pasarela metálica á parte superior da Fervenza do Viñao, dende onde se divisa O Pozo do Inferno e as súas verticais caídas.
Unha ponte tamén metálica, dende do que se observa frontalmente a fervenza, atravesa o río e unha pequena área de descanso completan este idílico lugar. Ademais na parte de Maside encóntrase outro área recreativa, a apenas a 1 km do lugar, en dirección ao pobo de San Fiz. A auga, a rocha e a natureza deste lugar forman un fermoso conxunto de harmonía sen igual.

MAIS VIDEOS 

UBICACION

 

Ver mapa mais grande