Navigation Menu
PAZO DE MIRANDA

PAZO DE MIRANDA

GALERIA FOTOGRAFICA , IMAXES.

1
2
3
4
6
7
8
9

INFORMACION PATRIMONIAL

Situado en Parada de Amoeiro, é unha propiedade privada non visitable. É un dos pazos máis grandiosos da provincia de Ourense. Encravado nunha zona de desniveis e quebras das bocarribeiras, ben regadas, estas terras, polos ríos Formigueiro e Barbantiño. O pazo está rodeado por un gran terreo pero o conxunto hoxe en día forma parte do núcleo urbano inmediato. A súa planta de grandes proporcións axústase ao esquema de escuadra con torre no extremo da cruxía máis curta. Entre ambas as dúas cruxías, e limitado por un sinxelo muro de peche con portalón de entrada, está o patio. Todo o edificio está construído en cadeirado granítico que na cruxía máis grande é concertado, con bloques moi regulares, e na cruxía curta presenta unha maior variedade no tamaño e disposición dos perpiaños. A través do portalón aberto no baixo muro de peche, éntrase no patio-xardín.

Dende el o espectáculo que o pazo ofrece, é grandioso: a cruxía longa percorrida na súa totalidade por unha ampla e longa solaina ( máis de 60 m), con fermosa varanda de pedra formada por artísticosbalaústres ben traballados e con piares que, cada cinco balaústres, sosteñen elegantes columnas toscanas nas que apoia a cuberta. Uns modillones continúan a liña deses piares sobre a zona alintelada na que descansa a solaina e que á súa vez forma un cornixamento que se apoia noutras tantas columnas toscanas, en correspondencia coas do piso alto. A cruxía curta presenta ao patio un muro no que se abre o gran portalón de acceso. É a verdadeira e única fachada da casa, con portón alintelado, sobre o que pende, colgando a ambos os dous lados, a característica cadea, símbolo dos grandes privilexios de que esta casa gozou: xurisdición civil e criminal, confirmada no próximo “Campo de forca”. Sobre a porta hai tres escudos de armas: o do centro, de maior tamaño, con coroa e escusón; e os dos lados, menores, surmontados por helmos con cimeiras. Entre os escudos ábrense dúas ventás rectangulares de reducido tamaño.

Continuando esta fachada segue o muro da casa no que se abren tres troneiras, cunha evidente intención defensiva en relación coa entrada ao pazo. O interior do pazo é interesante pois conserva a prestancia dos seus mellores momentos. Polo portalón éntrase nunzaguán do que parte unha ampla escaleira de madeira que conduce a un amplo corredor do mesmo material que circunda en ángulo, o oco daquela. Como elementos accesorios hai un hórreo de tres corpos, construído en pedra e madeira, con tormarratos de lousa continua. Tamén hai todas as dependencias de uso agrícola e gandeiro necesarias nunha casa cunha tan grande facenda, e que están situadas na planta baixa desta, con acceso dende o zaguán e tamén por portóns abertos na fachada posterior. O pazo non ten capela nin parece que a tivo nunca, se ben na igrexa parroquial existe unha capela con enterramentos propia da familia vinculada a este pazo, que hoxe en día comunica coa igrexa, pero que parece non foi así en épocas pasadas.

Fonte: ‘Pazos Ourensans’, de Mª Teresa Rivera Rodríguez. Caixa de Aforros Provincial de Ourense. 2ª E. Ano 1.981.

VIDEO.

 

Descargar Google Chrome
Descargar Mozilla Firefox

GALERIA FOTOGRAFICA , IMAXES  DA VIRTUALIDADE.

CAD1
5
CAD2
CAD3
qweqwi5
qweqwia
qweqwib
qweqwid
qweqwic
qweqwid
qweqwid
qweqwie
qweqwie
qweqwif
qweqwif
qweqwig

UBICACION