Navigation Menu
PAZO SAN DAMIAN

PAZO SAN DAMIAN

GALERIA FOTOGRAFICA. IMAXES DO PAZO.

CAD0
CAD1
NXT3
MAX1-1
NXT2
CAD2
NXT1
MAX1-2
VRAY3
VRAY5
MAX1
MAX2
MAX3
MAX5
MAX6
NXT4
NXT5
VRAY1
VRAY2
VER5
VER1
VER2
VER3
VER4

INFORMACION PATRIMONIAL

O Pazo de San Damian, tivo varios nomes  chamouse nas súas orixes Pousa de Cacabelos ou Pazo dá Costa e foi construído por don Fernando de Boán, cura de Abruciños a finais do século XVI. En total abandono ata hai uns anos, o pazo foi restaurado completamente, respetando as singularidades desta valiosa peza do patrimonio arquitectónico galego.

O pazo conta cun restaurante aberto ao público con reserva previa, con capacidade para cen persoas e outros comedores privados.Existe unha capela a disposición pra vodas. Pra grandes celebracións dispón dunha estrutura acritalar con capacidade de ata 350 persoas. A decoración dos cuartos é diferente, aproveitando as características propias de cada estanza na súa orixe.

D. Juan Fernández de Boán, fillo de D. Fernando, será que achegue grandeza á propiedade. Amasou unha inmensa fortuna en Perú, onde foi vicerrei (1601-1602) e á que agregou a da súa única esposa lexítima, Dona Damiana de Landecho e Asolo, distinguida dama crioula con quen se casou en Lima en 1601, foi deste xeito o iniciador da grandeza da súa liñaxe. Tras o seu regreso a Galicia cambia, en honor á súa muller, o nome da súa herdade -que non o do pazo aínda- polo de San Damián de Buenavista.

Tras diversos avatares: un incendio, un intento de asasinato… o pazo continúa en mans da familia Boán ata 1845, ano no que foi comprado por D. Juan Romero Pérez, un rico comerciante ourensano, oriúndo de Zamora. É a él a quen se lle atribúe a incorporación ao pazo dunha curiosa cheminea, que aínda hoxe loce como o seu mellor sinal de identidade.

Son varias as anécdotas curiosas que acompañan á historia deste pazo: unha delas (xa a mencionamos) é o curioso cambio de nome do pazo en honor á súa esposa, por parte de D. Juan, muller da que estaba profundamente namorado, e da que, segundo din, chamaba a atención a súa extrema bondade. Outro dato, non menos curioso, concirne a Dña. Josefa Damiana de Boán, filla de D. Juan e Dña. Damiana, que aínda despois de comprometerse en Lima cun dos homes máis ricos do momento, opta por romper o compromiso para casar -segundo din por amor- co seu primo en Galicia.

Fonte: ‘Pazos Ourensans’, de Mª Teresa Rivera Rodríguez. Caixa de Aforros Provincial de Ourense. 2ª E. Ano 1.981.

http://www.pazosandamian.com/

RUTAS DE SENDERISMO

Ruta do Barbantiño

ruta11

Ruta Pazo de San Damian – Trasalba

ruta2

 

 

 

 

 

 

Ruta Pazo de San Damian – Bóveda

 

ruta3

 

 

 

 

 

 

Ruta Pazo San Damian – A Fervenza do Cachón

ruta4

 

 

 

 

 

 

 

VIDEOS.



INTERACTIVIDADE.

SAN DAMIAN
by qweqwi
on Sketchfab

 

Descargar Google Chrome
Descargar Mozilla Firefox

UBICACION