Navigation Menu
SAN MIGUEL DE BOVEDA

SAN MIGUEL DE BOVEDA

GALERIA FOTOGRAFICA , IMAXES.

DSC_0240
DSC_0241
DSC_0205
DSC_0206
DSC_0207
DSC_0209
DSC_0210
DSC_0212
DSC_0214
DSC_0216
DSC_0217
DSC_0218
DSC_0221
DSC_0223
DSC_0224
DSC_0225
DSC_0226
DSC_0237

INFORMACION PATRIMONIAL

Priorato de Bóveda de Amoeiro.Fundado por Arias Fernandez e Gudina arredor do ano 1169.Foi o primeiro mosteiro de Galicia en acollerse á orde do Císter.Nun principio eran 2 mosteiros diferentes pero anexionáronse logo, como priorado de monxes ao mosteiro de San Clodio de Leiro.Na actualidade é propiedade particular e está moi modificado. Sen posibilidade de acceder a recoller datos.

Na obra literaria de Pedrayo aparecen múltiples referencias a antigos priorados de Ourense. Un deles, do que se conservan varios restos, localízase en Bóveda de Amoeiro. A súa importancia radica en que foi un dos primeiros mosteiros galegos dependentes do Císter que logo se convertirá en priorado do Mosteiro de San Clodio. Xunto coa casa relixiosa, a parroquia forma parte tamén das súas composicións poéticas: En Bóveda de Amoeiro rolaba o trono das fontes e raiolaba o luceiro.

As orixes do mosteiro son antigas e confusas, considerouse un documento do 968 como fundacional, pero este non parece fiable. O 1121 o lugar foi entregado pola raíña Pega I e o seu fillo Alfonso VII de León a un tal Oduario Ordóñez, pero tampouco este documento é aceptado unanimemente. O primeiro documento seguro é unha doazón a favor do mosteiro outorgada o 1173.

A mediados do século XV o mosteiro cisterciense de San Clodio do Ribeiro (Leiro) intentou facerse co mosteiro e mesmo en 1451 o papa Nicolás V actuou ao seu favor, pero o bispo de Ourense aprobou o nomeamento dunha nova abadesa (1452) o que freou a anexión a San Clodio. Finalmente unha vez falecida a abadesa e antes dun novo nomeamento, en 1477 o abade de San Clodio ocupou pola forza o mosteiro de San Miguel anexionándoo e rematando coa comunidade feminina.

(Fonte: “Apuntes pra o inventario do mobiliario litúrxico da diócesis de Ourense” Xose Carlos Fernandez Otero)

UBICACION


Ver mapa mais grande