Navigation Menu
RUTA DOS PAZOS DE AMOEIRO

RUTA DOS PAZOS DE AMOEIRO

Trátase dunha das andainas ou rutas que realiza anualmente o concello, e consta de dous percorridos.

Un deles (Ruta I) vólcase no ámbito lúdico-cultural, consta de 12 km, ten saída ás 10:30 horas do Parque dos Sentidos (Souto, Amoeiro) e transcorre ó carón de espazos con alto valor patrimonial, entre os que se inclúen o Pazo de Cornoces, a Igrexa de Cornoces, o Camiño de Santiago e os Pazos de Coto Martín (Bóveda) e San Damián (Abruciños); nesta ruta gózase de actuacións musicais (jazz), explicacións sobre os monumentos (impartidas por tituladas en Xeografía e Historia) e deliciosos “petiscos” en San Damián; as persoas que participan neste percorrido retornan dende San Damián ó punto de partida (Parque dos Sentidos).

Os participantes no segundo percorrido (Ruta II) comparten o lugar de saída en Amoeiro, pero cambia a hora de saída -que se anticipa ás 09:00 horas- e aumenta o seu trazado xa que en lugar de retornar ó punto de partida continúse dende San Damián cara a Fontefría e  dúas das maís fermosas rutas fluviais de Galicia: a do Formigueiro e o Camiño Natural do Barbantiño, no que se atopa a incomparable Fervenza do Cachón; así mesmo, tamén se gozará do paso por monumentos de tanta relevancia como o Pazo de Miranda (Parada) a Igrexa de Parada e o singular núcleo de O Formigueiro, no que existe un baixorelieve castrexo con figura ecuestre único en Galicia (no frontal da capela do devandito núcleo). Este percorrido inclúe, polo tanto, a ruta I (12 km) e e un engadido de 14 km, resultando unha lonxitude total de 26 km, para rematar -como a Ruta I- no mesmo lugar da saída (Parque dos Sentidos, Souto, Amoeiro).

I Andaina dos Pazos de Amoeiro

I Andaina dos Pazos de Amoeiro (2º parte)

I Andaina dos Pazos de Amoeiro (3ª parte)